Pandereiteiras de Cans e acordeonistas “Acordecans”

Día dos veciños e veciñas
Mércores 23 | 22h00 | Torreiro de Cans

Antes de deixar paso á xente que vén a Cans dende o resto do mundo, contaremos co fantástico talento local para abrir o apartado musical nestas quince primaveras de Cans. Noite de festa na noite das veciñas e veciños coas pandereiteiras da parroquia e os Acordecans, que tamén participarán no Roteiro CansSonoro con Xurxo Souto. Este ano actuarán por primeira vez no Torreiro de Cans, o espazo emblemático dos grandes concertos de Cans, e seguro que non nos van defraudar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nineteen − 3 =