Palmarés do III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’

Logo de reunirse o xurado e pasar por duras deliberacións, hoxe á tarde vimos de coñecer as pezas premiadas no III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans.

Premio do xuradoO principiño, de Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga e Carlos Lago (do IES Pino Manso). Reciben unha dotación económica de 400€, unha escultura conmemorativa e un lote de libros da Editorial Galaxia.

Premio do público: Cando petan na porta pola noite, do Centro Ocupacional do CAD da Pobra do Caramiñal. Reciben unha dotación económica de 250€ e un lote de libros da Editorial Galaxia.

 

Premio Festival de Cans: Unha mosca agradecida, de Luz Beloso. Recibe dúas noites de hotel para dúas persoas (venres e sábado), dúas entradas para as curtas a concurso do Festival e un lote de libros da Editorial Galaxia.

O xurado tamén decidiu facer dúas mencións aos seguintes vídeos:

  • Regueifando contos: Marilar Aleixandre, do CEIP Carlos Casares.
  • Un can e un gato, do CEIP Solanas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

sixteen − nine =