CORES, CONTOS E ROCK’N’ROLL 

Actuación musical de Pakolas + debuxos en directo de Laura Romero 
Sábado 25 | 13h30 | Parque do Río

Cores, contos e rock’n’roll é un espectáculo para todos os sentidos no que se combina música, a narración e os debuxos da man da ilustradora Laura Romero. Paco Cerdeira (Pakolas), músico e artista que formou parte de grupos infantís como Mamá Cabra ou de proxectos como A Gramola Gominola, conducirá as nenas e nenos coa súa voz e a súa guitarra por un universo fantástico repleto de historias de animais con moralexa final. A man de Laura Romero daralle vida aos personaxes de Pakolas, realizando ilustracións en directo e poñendolle cara e cores a estas historias. Pakolas preparou para o Festival de Cans un animado concerto onde coñeceremos a ‘Baldomero o mero’ ou ao ‘Xabarín con bombín’ e onde estará moi presente o cine. Atención rapazada porque o sábado ao mediodía teremos moito baile no Parque do Río. Esta actuación conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

five − five =