Os Diplomáticos de Monte Alto e amigos

Sábado 21 | 00h30 | Torreiro de Cans

web_diplomaticos

Hai 25 anos campaban tres verdades absolutas: o galego non vale para o rock&roll, na Coruña ninguén fala galego e a cultura emerxe na pomada universitario-intelectual. Entón apareceron Os Diplomáticos de Monte Alto co seu “Arroutada Pangalaica” para contradicir eses axiomas e romper todas as fronteiras mentais que separaban o rural do urbano e o galego do futuro. Veu logo un cuarto de século de viaxe cara ao interior para chegar á meta: un explosivo concerto celebración no torreiro de Cans!

+ info: Facebook

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fourteen + five =