ONE DAY IN EUROPE [GALATASARAY – DÉPOR]

2005 | 95 minutos | alemán – ruso – francés – inglés – español – húngaro – galego (con subtítulos)
Domingo 19 | 20h00 | Círculo Recreativo e Cultural do Porriño
 

Dirección e guión: Hannes Stöhr

Produción: Filmanova e Moneypenny Filmproduktion GmbH

Música: Florian Appl

Fotografía: Florian Hoffmeister

Montaxe: Anne Fabini

Elenco: Megan Gay, Luidmila Tsvetkova, Andrei Sokolov, Oleg Assadulin, Vita Saval, Nikolai Svechnikov, Luis Tosar, Boris Arquier, Florian Lukas, Erdal Yildiz, Nuray Sahin, Ahmet Mumtaz Taylan, Péter Scherer, Miguel de Lira, Rachida Brakni, Kirsten Block, Tom Jahn, Facundo Diab.

Vai de: Esta película narra catro historias que suceden o mesmo día que se celebra a final da Champions entre o Galatasaray de Istambul e o Deportivo da Coruña.  En catro cidades diferentes de Europa suceden roubos de equipaxe que lle ocasionan problemas aos protagonistas (unha muller de negocios en Berlín, un peregrino húngaro en Santiago, un excursionista en Istambul e unha parella francesa en Berlín), estes teranse que entender coa policía a pesar das diferenzas lingüísticas.

Xénero: Comedia, fútbol. Película de episodios.

Detalle: Unha das historias sucede en Santiago de Compostela, cidade na que o director viviu un tempo nos anos 90, e onde coincidiu cos actores que se movían arredor da Sala Nasa. No filme participan Miguel de Lira e Luís Tosar (entre outros).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 − four =