Final de “Ollo de vidro”, o concurso de booktrailers e booktubers

Mércores 23 | 19h00 | Baixo de Bugarín

Co obxectivo de estimular a lectura en galego e a creación audiovisual, especialmente entre a mocidade, o Festival de Cans impulsou este ano o concurso de booktrailers “Ollo de vidro”, no marco da iniciativa da canle de YouTube Recoméndoche un libro. Estas pezas creativas consisten en resumir en poucos minutos de imaxes o contido dun libro, e xa foron obxecto de mostras do formato en edicións anteriores do Festival. Este ano o certame é un concurso aberto á participación, ao que se presentou a nada desdeñable cifra de 47 obras. Un xurado escollerá unha selección de pezas finalistas que serán proxectadas no Baixo de Bugarín, nunha gran final na que se desvelarán os gañadores e contaremos coa presenza das e dos finalistas, do xurado e das institucións que apoian o proxecto: a Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo, o IES Castelao, a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, a Asociación de Veciños do Calvario, a Biblioteca Pública do Porriño e o IES Pino Manso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

one × three =