Obradoiro de filmes para nen@s con Xoan Mariño (Mr Misto Films)

Sábado 21 | 17h00 | Parque do río

caixa_mistos

Por vez primeira, Cans poñerá en marcha un sinxelo obradoiro de cinema coa intención de espertar entre os máis pequenos a paixón polo audiovisual. Trátase de que poidan ter unhas nocións básicas para gravar con cámaras moi sinxelas, desde vídeo ata cámaras de móbil, pequenas secuencias nas que eles mesmos sexan os protagonistas. Durante a tarde do sábado terán ocasión de gravar pequenos filmes que serán despois montados e editados pola produtora Mr Misto. Ao final da tarde serán proxectados como un gran acontecemento no espazo da Caixa de Mistos, onde poderán ver os seus resultados. Presten atención, que aquí poden estar os Tarantinos do futuro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × 3 =