Obradoiro de cine “Da imaxinación á pantalla” – Participa Méliès

Venres 25 | 17h30 | Parque do Río e Baixo de Carlos

Duración: 2 horas 30 minutos.

Da man da fabulosa imaxinación de Georges Méliès á hora de trasladar a maxia ao cinema, este obradoiro iniciará a rapaces e rapazas na linguaxe e o proceso cinematográfico aprendendo a realizar unha curtametraxe fantástica. A través de exercicios prácticos pasarase da idea ao guión, e do guión á gravación (incluíndo efectos especiais sinxelos) e finalmente á edición. Os traballos finais proxectaranse ás 20h00 no Baixo de Carlos e poderán presentarse ao concurso Participa Méliès, unha iniciativa da Obra Social La Caixa, que nos ofrece este obradoiro. A docencia correrá a cargo de Alexis Borrás, realizador e educador audiovisual, que ten traballado con directores do talento de Juanma Bajo Ulloa ou Borja Cobeaga e é profesor na Universitat Autònoma de Barcelona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

one × 2 =