Presentación de “O equilibrio dos opostos”

Unha longametraxe documental de Alberto Baamonde

web_equilibrio

Formato: proxección de montaxe + breve coloquio

Participan: Alberto Baamonde, director; e Javier Olleros, protagonista

Duración: 30′

Produtora: Zinqin Audiovisual

Sinopse: en novembro de 2014, o cociñeiro do Grove Javier Olleros ten que pechar o seu prestixioso restaurante “Culler de Pau”, posuidor dunha estrela michelin. Unha situación incontrolable levaba camiño de arruinar a súa vida e a da súa familia ata que Javier decide darlle a volta e convertela na realización do seu soño profesional: unha ambiciosa reforma. Nestes momentos de incerteza e ilusión somos testemuñas de seu proceso de busca e descubrimos as súas raíces: a figura do pai e a diáspora, o Grove, península-illa, unha xuventude difícil, a loita contra a inxustiza e a continua procura do equilibrio. É un filme sobre a superación da adversidade, coa familia e a cociña como redención.

O protagonista: Javier Olleros. De extraordinaria sensibilidade, Javier firma as súas elaboracións man a man cos produtores cos que colabora desde a mesma orixe de cada ingrediente. Nomeado como Restaurante Revelación en Madrid Fusión 2010, Culler de Pau sorprendeu desde o comezo cun nivel pouco habitual. Recibiu unha estrela Michelin, un primeiro Sol Repsol en 2012 e un segundo en 2013. En 2015 reabriu as súas portas logo dunha reforma que leva aínda máis lonxe a experiencia Culler de Pau.

O director: Alberto Baamonde. Alberto é un vello coñecido do festival de Cans, onde acadou o premio do público ao mellor videoclip no ano 2011 por “Espanha a las 8”, e no que presentou o proxecto “Sesiones ligeras”, unha serie de vídeos de directos de músicos en lugares insospeitados que na actualidade pode verse no portal Flooxer, de Atresmedia. Formado na publicidade e no videoclip dá o salto á dirección cinematográfica coa longametraxe documental “Cocinando en el fin del mundo”, sobre a revolución silenciosa da nova cociña galega, que se proxectou en festivais cinematográficos tan prestixiosos como San Sebastián ou Málaga.

Sábado 21 | 18h00 | Sala Multiusos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × four =