O CORPO ABERTO

Dirección: Ángeles Huerta.

Guión: Ángeles Huerta e Daniel D. García.

Producido por: OlloVivo Produccións.

Vai de: Outono de 1907. Miguel, un xoven mestre, ten como primeiro destino unha escola en Lobosandaus, unha aldea perdida no Xurés. Quere iluminar os seus alumnos coa luz da razón pero atópase cunha comunidade dominada polas crenzas atávicas. Na pousada coñece a Mauro, un revolucionario portugués namorado de Dorina, a muller dun contrabandista do lugar…

Xénero: Western gótico.

Estado: Rematada a terceira versión de guión, pechando acordos de coprodución.

O detalle: Adaptación de “Lobosandaus”, primeiro relato de Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 + 10 =