O Cinematomago

Sábado 26 | 16h30 | Cuberto de Pato

Prezo: 3€
Duración: 45 minutos

Un cinematógrafo é un aparello que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago é unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O Cinematomago é esa personaxe que converte as imaxes en movemento en maxia. Todos e todas escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cine”, e neste caso a través do seu Cinematomago, o Mago Paco fará desta frase unha realidade convertendo escenas de clásicos do cine de todas as épocas nun espectáculo máxico en directo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × three =