O ano da ducia

Making of do Festival de Cans de 2015

2015 | 22′ | Galego

Realizado por María Lobo e Roi Guitián

Producido por Gingko para o Festival de Cans

Venres 20 | 22h30 | Torreiro de Cans

ano_ducia2

Os chimpíns, o agroglamour ou os espazos fan do Festival de Cans unha celebración da cultura popular cunha personalidade propia. Neste making veciños, visitantes e artistas intentarán definir os doce símbolos que o singularizan. Namentres, veremos a José Luis Cuerda falando nunha leira de cousas que se supón que sabe, a Luar na Lubre tocando nunha placa ou o Torreiro de Cans cheo a máis non poder. Perdícheste a 12ª edición do festival? Estiveches nela e queres revivila? Veña, dalle ao play e descubre cal é a ducia de Cans.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

thirteen + 6 =