Premio Pedigree’16: Emma Lustres

SOMOS GENTE HONRADA RODAJE PELICULA EN A CORUÑA EMMA LUSTRES Y SANDRA

A produtora Emma Lustres (O Grove, 1975) é unha figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films. Xa cunha longa traxectoria, ten colleitado grandes éxitos para as súas producións proporcionándolle unha gran visibilidade a numerosos profesionais galegos. É o caso de filmes como El Desconocido de Dani de la Torre (Premios Goya a mellor montaxe e mellor son, con oito nominacións en total e que acaba de recibir 12 Mestre Mateo, con 15 nominacións en total) e Celda 211 de Daniel Monzón (oito Premos Goya, entre eles o de mellor película e mellor actor para Luis Tosar). O festival quere recoñecer a súa sólida carreira a pesar da súa mocidade e sobre todo o seu labor como impulsora dos profesionais galegos, tanto directores, como técnicos ou actrices e actores, e nomeadamente os novos realizadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twelve + 4 =