NACIÓN DE MUCHACHOS

Dirección: Javi Camino.

Guión:
Enrique Lojo.

Producido por: Vizuals e Mad Mex Filmanova.

Vai de: Nación de muchachos tenta reconstruír a historia da comunidade e o circo formados en Benposta (Ourense) polo Padre Silva durante o franquismo. Un relato vivo narrado polos seus propios protagonistas: os rapaces, profesores do centro, familiares do Padre Silva, políticos, xornalistas, estudosos do sistema pedagóxico de Benposta e, como non, o testemuño do propio Padre Silva a través de entrevistas e gravacións do seu programa Reflexiones Nocturnas, emitido pola Televisión de Benposta.

Xénero: Documental.

Estado: Pendente de comezar percorrido en festivais.

O detalle: Javi Camino pasou por Cans como curtametraxista en varias edicións e compite este ano na categoría de clips.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eleven + nineteen =