MounQup

Sábado 26 | 16h30 | Cans Voulevar

Camille Hedóuin é MounQup. Esta francesa afincada no rural ourensán constrúe cancións nas que se superpoñen os miles de rexistros e formas da súa voz a bases electrónicas, nun collage máxico de bucles sonoros e sensacións que a leva a ser comparada frecuentemente coa islandesa Björk. Tan preto da vangarda como da calidez da música popular, a de MounQup é unha música sen prexuízos, que emprega tanto o galego como o francés ou inglés, que trata tanto o cotián e o íntimo como as problemáticas sociais, e que ten como centro un carisma escénico difícil de esquecer.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

two + fourteen =