MJ PÉREZ

Sábado 25 | 16h30 | Escenario Fundación SGAE – Cans Voulevar

Nos últimos meses, moita xente chegou a MJ Pérez a través de “Malaxente”, a versión na que fusionaba á Rosalía de “Malamente” cos versos de “Castellanos de Castilla” da nosa Rosalía de Castro. Esta fusión puido resultar sorprendente para quen tivese a esta artista por unha cantautora, pero é que MJ Pérez non é unha cantautora ao uso: dende a esencia da canción de autor con voz e guitarra, a arzuana introduce sen prexuízos distintos estilos, sempre coa palabra e a mensaxe dos temas en primeiro plano e cunha ética de traballo admirable na que se ten ocupado da produción ou edición de álbums como Casandra e Guerrilleira. Unha figura emerxente da música pop en galego a non perder.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 + sixteen =