Miradas de Cans + Furacáns

Sábado 27 | 16h00 | Jalpón de Alicia

Miradas de Cans con María Meijide

A partir da sección “Miradas de Cans”, na que se convida a un artista que non sexa do audiovisual a ofrecer a súa mirada da aldea e do festival, Cans comezou o pasado ano as súas residencias de artistas.  A intención é que na aldea haxa actividade relacionada co festival todo o ano e, ó mesmo tempo, tratar de que Cans sexa un motor creativo e impulse ós novos creadores. Desta idea naceu o libro “Cans” do escritor Carlos Meixide e agora terá continuación no convite que o festival fará á pintora María Meijide,que foi xa ilustradora deste libro. Meijide, infatigable viaxeira e aguda observadora, chega a Cansdisposta a presentarnos a súa “Mirada de Cans”, que desenvolverá este ano para recoller o seu froito nos vindeiros meses.

Furacáns, en cambio é unha nova sección que está composta por pezas feitas para “arrasar”, un soplo de aire novo que seguro que dará moito que falar. Unha sección que trata de darlle cabida á creadoras e creadores con xeitos de narrar afastados do convencional, que asumen riscos e tratan de experimentar. Case todos teñen en común que son creadoras e creadores moi novos, pero moi preocupados por utilizar a “memoria”, como materia prima audiovisual, ben sexa a súa propia memoria vital ou o seu interesante pasado familiar.  “Furacáns” quere ser un espazo para espectadores que buscan acougo contemplando as imaxes, para espectadores exquisitos e mentes sensibles. As curtas que se proxectarán son: Volver allí -de Lucía Estévez-, Lembranza -de Al Díaz-, Jet d’eau -de Alejandro Pose-, Homes -de Diana Toucedo- e Lar -de Iria Silvosa e Aldara Pregue-.

VOLVER ALLÍ, de Lucía Estévez , 14 min. (2016)
Vai de: O regreso ó paraíso da infancia e os recunchos que a memoria gosta de explorar ata os límites do conflicto, son a base destetraballo e dos elementos creativos polos que adoita transitar esta interesante creadora.
O detalle: É a segunda vez que podemos ver en Cans o traballo de Lucía Estévez, unha creadora saída das últimas fornadas da Universidade de Vigo.
 
LEMBRANZA, de Al Díaz , 21 min. (2017)
Vai de: Al Díaz indaga na increíble historia da súa familia itinerante, a partir duns vellos rolos de película en Super 8. A través destes rolos fai un interesante exercicio de cinefilia co que vaitecendounha historia que afonda no pasado da súa familia natural de Bóveda (Lugo).
O detalle: O autor reside agora en Inglaterra e realizou este filme a partir dunha bolsa que recibiu para desenvolver o seuproxectona residencia de artistas da Real Academia Española en Roma.
 
JET D´EAU, de Alejandro Pose. 12 min. (2017)
Vai de: Jet D´Eau é un retrato de familia. Mais non un retrato amable, senón un retrato áspero e difícil sobre a emigración. O autor achégasedunxeito singular á historia da súa familia, ata que faisaír un “jet d´eau”, un potente chorro de auga por onde os recordosflúen a presión.
O detalle: Moi interesante observar como a voz en “off”, adquire todo o peso da narración. Un off nada convencional.
 
HOMES, de Diana Toucedo. 12 min. (2016)
Vai de: Os actos dos homes en vida configuran a nosa Historia. Pero… en que momento da nosa vida perde un a súa propia? Moitas das mulleres que esperan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que marchou, ao fillo, ao pai… manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou. Suspendidas do tempo, latexan incansables na espera. A morte ou elas.
 
LAR de Iria Silvosa e Aldara Pregue. 9 min. (2017)
Vai de: “Lar” é unha viaxe ó pasado a través das ruínas dunha casa. Dunha casa derrubada que agocha aínda vellos obxectos que un día formaron parte da vida cotía dunha familia.
O detalle: Non perdas detalle de cómo o decadente, o derrubado, agocha case sempre unha enorme carga poética.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

four × 4 =