MIRADAS DE CANS

Carlos Meixide

web_meixide

Este ano recuperamos esta sección que nos deu moitas satisfaccións. Consiste en invitar a un creador que non sexa do ámbito audiovisual e que nos ofreza a súa mirada do festival dende a súa disciplina. Por Miradas de Cans pasaron escritores como Manolo Rivas, debuxantes como David Rubín ou fotógrafos como Xurxo Lobato.

Nesta edición invitamos a Carlos Meixide, escritor, periodista e humorista, popular en Cans como Arturito, cantante de Os da Ría. Bo coñecedor do festival, visitaranos en calidade de escritor para presentar o que será o seu novo libro, unha nova aventura da súa particular saga de literatura xuvenil. Os protagonistas da primeira entrega, “Ons”, un grupo de mozas e mozos lémbrannos os clásicos libros de “Los Cinco”, e quizais teñan na súa man resolver algún misterio relacionado co Festival de Cans e o túnel do tranvía. Non desvelamos máis, pero o proxecto promete moito!

Sábado 21 | 16h00 | Sala Multiusos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

14 − eleven =