REBOBINANDO, O FILME CONTADO. Migas de pan

2016 | 88’ | Español

Dirección: Manane Rodríguez

Guión: Manane Rodríguez, Xavier Bermúdez

Produción executiva: Chelo Loureiro

Montaxe: Sandra Sánchez

Producido por: Xamalú Films, RCI Producciones

Reparto: Cecilia Roth, Justina Bustos, Stefanía Crocce, Sonia Méndez, Ernesto Chao, Artur Trillo.

Xénero: cinema político

Sinopse:  Liliana Pereira, estudiante e nai dun bebé, é secuestrada e torturada baixo a temible ditadura uruguaia. No cárcere, o apoio das súas compañeiras de cela fortalécea para saír adiante. Tras anos de exilio en Galicia, entérase de que vai ser avoa e decide regresar a Uruguai. Entre outros temas, ten un asunto pendente: participar na denuncia do inferno sufrido na súa xuventude.

O detalle: Rodada entre Galicia e Uruguai, “Migas de pan”, foi o filme seleccionado por Uruguai como candidato ós Óscar 2017 na categoría de mellor película de fala non inglesa.

Xoves 25 | 16h30 | Círculo Recreativo e Cultural (Porriño) 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 + eight =