MATRIA | 2017 | 20’ | galego

Dirección, guión e montaxe: Álvaro Gago.

Produción: Álvaro Gago, Sombriza Films.

Fotografía: Lucía C. Pan.

Son: Miguel Barbosa, Kevi Aragunde.

Elenco: Francisca Iglesias, Eulogia Chaves, Sara Dios, Pilar Fragua.

Vai de: Ramona vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e a súa neta.

Xénero: Drama social.

O detalle: Matria ocupa xa un lugar destacado na historia do cinema galego logo do seu impresionante percorrido por festivais, con premios en Sundance, a Seminci ou ALCINE. O director Álvaro Gago xa foi premiado en Cans 2015 pola súa curta Curricán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twenty − 10 =