MasterClass sobre subtitulado e accesibilidade

Mércores 22 | 10h30 | Baixo de Moncho
 

O docente e realizador Pablo Romero-Fresco ofrecerá unha masterclass na que falará dos procesos de subtitulado desde dúas vías. Por un lado, analizará a importancia que teñen estes para os públicos con dificultades de accesibilidade (visión e audición) para a comprensión plena dos filmes. Por outro, poñerá no foco de atención na oportunidade de proxección das linguas minorizadas a partir dun subtitulado correcto. Un debate de actualidade, despois da polémica que suscitou a mala tradución dos subtítulos da película Roma, de Alfonso Cuarón, onde non se respectou as variantes lingüísticas do español de México. Pablo Romero-Fresco falará do positivo que sería aplicar estas investigacións á industria de subtitulado en Galicia e España, onde estes procesos están pouco desenvolvidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 + 19 =