MARLANGO

Venres 24 | 20h30 | Espazo Estrella Galicia na Leira de Alicia

Marlango é o grupo liderado pola cantante e actriz Leonor Watling e o músico Alejandro Pelayo. Co disco homónimo que sacan en 2004 acadaron un gran recoñecemento que os levou a realizar unha xira por España, Portugal, Alemaña, Xapón, etc. Nesta ocasión interpretará temas do seu último disco Technicolor. Un traballo musical inspirado en épocas pasadas no que cada canción parece saída da banda sonora dunha película que non existe, pero cun son que resulta totalmente cru, real e contemporáneo. O público de Cans poderá gozar dun concerto cheo de cancións evocadoras e visuais interpretadas con piano e voz, que representan diferentes cores e estados emocionais en función da perspectiva de quen as escoite.  

CONDICIÓNS DE ACCESO

* Acceso libre e gratuíto ata completar aforo. Require recollida previa de pulseira no posto de merchandising á beira do Torreiro. Só se poderá coller unha pulseira por persoa de xeito presencial, que se poñerá no momento. Non se farán reservas. Recollida de pulseiras desde ás 18h30.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

seventeen − fifteen =