MARÍA SOLINHA 2.0

Dirección: Ignacio Vilar.

Guión: Ignacio Vilar, Ermel Morales, Andrea Santos.

Producido por: Vía Láctea Filmes.

Vai de: Navia, unha moza de Cangas, soña con ser unha grande actriz. Obsesionada por dominar un revolucionario método interpretativo baseado na premisa grega “coñécete a ti mesmo”, non dubida en poñer en práctica un arriscado plan no que implica á súa profesora e amiga Montserrat. Será quen de acadar o seu obxectivo sen que o prezo social e persoal da súa ousadía lle resulte insoportable?

Xénero: Drama.

Estado: En pre-produción.

O detalle: A descuberta da actriz Andrea Santos, natural de Cangas, e dos seus primeiros pasos no mundo da interpretación inspiraron a Ignacio Vilar a escribir esta historia que remite inevitablemente á lenda de María Soliña e convida ao público a reflexionar sobre o papel da muller no século XXI, a través dunha orixinal oda ao amor e á liberdade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

thirteen + 12 =