ESTREA ABSOLUTA (documental inédito do ano 2003)

Mar de fondo 

2003 | 55’ | Español

Dirección e guión: Daniel Guzmán

Produción Executiva: César Benítez, Emilio Pina

Fotografía: Tino Carlón

Montaxe: Nacho Ruíz- Capillas

Música: Berrogüetto, Sés, Xabier Díaz.

Elenco: Manuel Rivas, Suso de Toro, Rubio de Camelle, Julián Hernández, Gran Wyoming, Juan Oliver, Gustavo Catalán, Suso Lista, Juan López de Uralde.

Xénero: Documental

Vai de: Aguilloado pola rabia que lle produciu a catástrofe do Prestige, Daniel Guzmán decide coller unha cámara e percorrer a costa galega de punta a punta neses días infernais de 2002. Guzmán non dubidou en enterrarse no chapapote para obter este documento que 15 anos despois rescatamos, e segue transmitindo intacta a mesma rabia daqueles días.. En paralelo, o documental é un retrato sociolóxico de mariñeiros, xente da rúa, voluntarios e políticos que viviron uns dos episodios máis convulsos da historia recente de Galicia. Coas testemuñas de músicos, escritores, mariñeiros e artistas. Un documento histórico inédito, que segue tendo a capacidade de emocionarnos 15 anos depois.

O detalle: O director Daniel Guzmán era naquel momento un coñecido actor. Polo medio dirixiu o aclamado filme “A Cambio de nada”, co que acadou dous Goyas.

Venres 26 | 18h00 | Baixo de Bugarín | Entrada 3€
Coa presenza e coloquio de Dani Guzmán e do escritor Suso de Toro.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 × three =