Magín Blanco

Sábado 26 | 13h00 | Baixo de Carlos e Parque do Río | Actividade en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística – Xunta de Galicia.

Retrospectiva de videoclips + concerto

Dende 2010, Magín Blanco vén editando unha serie marabillosa de discos orientados ao público infantil, xoias do xénero con elementos teatrais como A nena e o grilo, Gatux@ ou o recente Camiños. Este aparente cambio de orientación non foi tan brusco como podería semellar, xa que a calidade literaria das letras e a facilidade para a colaboración con músicos e músicas de diferentes estilos son constantes dunha carreira discográfica que iniciou como líder de La Rosa, xunto cos tamén ourensáns Cosecha Roja unha das bandas máis inxustamente ignoradas na historia do pop en Galicia. Do seu talento da fé o listado de artistas que aparecen nos seus discos: Josele Santiago, Uxía, Sérgio Tannus, Guillerme Fernández, Guadi Galego, Gloria Van Aersen… Este ano o público de Cans terá a oportunidade de desfrutar dunha retrospectiva dos seus videoclips e da súa actuación dentro do programa de Minicans, onde asistiremos á primeira interpretación en directo da canción do festival deste ano: “Cans & Cadelas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

14 + 9 =