LA MUJER INVISIBLE | 2017 | 15’ | español, portugués, rumano

Dirección, guión, fotografía: Noemí Chantada.

Produción: Islandia.

Montaxe: Oscar Pardo.

Son: David Machado (La Panificadora Estudios).

Vai de: Ela vive nun pequeno apartamento de Vigo e asemellaríase a calquera rapaza da súa idade se non fose pola tristeza que reflexa o seu rostro. Porque cando a tarde chega, ela muda a pel: muda as súas roupas, muda o seu nome, muda. Así, pode aguantar outra noite máis. Só outra noite máis. Só un mes máis. Só un ano máis.

Xénero: Documental.

O detalle: A directora Noemí Chantada colaborou como voluntaria con Médicos del Mundo Galicia durante dous anos, investigando e entrando en contacto con mulleres en situación de prostitución. La mujer invisible céntrase nunha desas mulleres e gravouse durante dous meses de convivencia nun piso de alterne.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 × 1 =