Kevin Weatherill

Sábado 26 | 18h00 | Invernadoiro e Cuberto de Mucha do Peso
Concerto + presentación avance do documental Kevin vs. Ray
Prezo: 5€.
Duración: 75 minutos (30′ avance + 45′ concerto)

En España e máis especialmente en Galicia moita xente lembra a Kevin Weatherill como o líder dos míticos Immaculate Fools, unha banda maldita na súa Gran Bretaña natal que foi acollida con entusiasmo por moreas de fans en España e Alemaña. Cun pé no pop máis memorable e outro nas tradicións folk (tanto a celta como a americana), acumularon moreas de cancións inesquecibles. Logo da disolución da banda a finais dos 90, Weatherill volveu a traballar dende abaixo co nome de Dirty Ray e rematou por afincarse recentemente en Cambados. Terémolo en Cans actuando e presentando as primeiras imaxes do documental biográfico Kevin vs. Ray, dirixido polos galegos Eduardo Herrero e Manuel Lemos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ten − 6 =