KEVIN VS. RAY (AVANCE)

Dirección e guión: Eduardo Herrero e Manuel Lemos.

Producido por: Grupo Control Z.

Vai de: Entre os anos 80 e 90 do século pasado, Kevin Weatherill vendeu centos de milleiros de discos á fronte do grupo británico Immaculate Fools. Un día deixouno todo atrás para se converter en Dirty Ray, un artesán da música a pequena escala. Agora está de volta no lugar en que máis valorado se sentiu sempre como artista. Aquí sempre será Kevin… sen deixar de ser Ray ao mesmo tempo. Porque cando o éxito te arrastra, ou nadas ou te afundes. Non hai maior éxito que a supervivencia.

Xénero: Documental musical.

Estado: en rodaxe.

O detalle: Galicia é a terra prometida particular do protagonista. A comezos dos anos 90 atopou o seu oco na tranquila vila chairega de Guitiriz. Tras un exilio de case dúas décadas nas montañas de Gales, desde 2016 está establecido en Cambados porque, desta volta, “quería vivir preto do mar”.

Sábado 26 | 18h00 | Invernadoiro de Mucha do Peso

Prezo: 5€ (concerto de Kevin Weatherill + presentación do primeiro avance de Kevin vs. Ray)

Coa presenza de Kevin Weatherill, os directores Eduardo Herrero e Manuel Lemos máis Enrique Otero, da produtora Control Z.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

12 − eleven =