Estrea de Joao Tomba, el regreso

Sábado 21 | 21h00 | Jalpón de Alicia

web_joaotomba

Estrea absoluta do documental Joao Tomba, el regreso, dirixido por Alberto S. Lozano e que relata a estraña historia deste mítico músico e os seus vínculos co rockeiro Indy Tumbita.

Dirección, cámara e montaxe: Alberto S. Lozano

Produción: Happy Dog Jefferson

Música: Linda Lamarr e Indy Tumbita

Vai de: Joao Tomba era unha prometedora estrela do rock vigués dos anos 50, pero desgraciadamente chegoulle a súa hora antes do desexado nunha estúpida carreira de coches. Agora, en pleno século XXI e reencarnado en Indy Tumbita, pide unha segunda oportunidade para amosarlle ao mundo o seu rock and roll. Neste relato se centra o filme, no que colaboraron numerosos de músicos moi coñecidos de bandas como Siniestro Total ou Los Coronas, achegando a súa particular versión dos feitos.

+info: Facebook

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 − 15 =