Jalpón dos Óscar

Sábado 25 | 18h00 | Jalpón de Alicia
Coa presenza de Juanjo Giménez, Rodrigo Sorogoyen e Marta Nieto, protagonista da curtametraxe Madre.
Prezo: 3€ (entradas a venda aquí)

MADRE

2017 | 18′ | castelán

Dirección e guión: Rodrigo Sorogoyen
Produción: Caballo Films, Malvalanda e Apache Films.
Fotografía: Álex de Pablo
Música: Olivier Arson
Elenco: Marta Nieto, Blanca Apilanez e Álvaro Balas
Xénero: Thriller. Drama.
Vai de: Unha nai recibe a chamada do seu fillo de sete anos que está de vacacións co seu ex-marido polo País Vasco francés. Ao principio a chamada é motivo de alegría, pero axiña se converte nun pesadelo cando o neno lle di que non se atopa na praia só, que o seu pai non está con el.
O detalle: Esta curta leva máis 200 seleccións e máis de 100 premios, entre eles, foi nominado aos Oscars en 2017 e premiado como Mellor Curtametraxe de Ficción nos Goya de 2018.

TIMECODE

2016 | 15′ | castelán

Dirección: Juanjo Giménez
Guión: Pere Altimira e Juanjo Giménez
Fotografía: Pere Pueyo
Música: Iván Cester
Xénero: Comedia. Musical
Elenco: Lali Ayguadé,  Nicolás Ricchini,  Vicente Gil,  Pep Domenech
Vai de: Luna é vixiante de seguridade que traballa no aparcamento dunhas oficinas. Cansa da monotonía e do seu xefe, alterna quendas con Diego, a quen ve só uns segundos ao día. A partir dun descubrimento atopa a maneira de comunicarse co seu compañeiro.
O detalle: Timecode estivo nominada aos Oscar. Juanjo Giménez é o segundo director español que gaña a Palma de Ouro en Cannes en toda a historia do festival. O primeiro gañador foi Luís Buñuel. Tamén gañou en 2017 o Premio do Cine Europeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20 − twenty =