Iván Ferreiro

Venres 20 | 20h00 | Espazo Mahou

Ferreiro

A súa voz rota, a emoción que destilan as súas cancións: Iván Ferreiro enche os oídos e os corazóns de milleiros de afeccionados ao mellor pop-rock desde que nos 90 Los Piratas tenderon pontes entre o indie e o mainstream. Leva 13 anos tocando en solitario, ensanchando os camiños da súa música en media ducia de discos nos que abundan as referencias cinematográficas: “El viaje de Chihiro”, “El dormilón”, “Solaris”, “Fotogramas”, “Estrella de la muerte” ou “Rocco Sigfredi”, entre outras cancións. Un músico de cine que nos acompañou en varias ocasións e que este ano ten papel protagonista en Cans.

* O aforamento do concerto de Iván Ferreiro está limitado a 400 persoas. Para acceder hai que recoller unha pulseira acreditativa. Distribúense a partir das 17 h no posto de merchandising da organización.

+ info: web | Facebook

11 comentarios en “Iván Ferreiro”

    1. Ola Rocío.
      Temos aínda unhas pouquiñas entradas para as curtas. Estarán á venda xoves (no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño) en horario de proxección dos filmes no posto de merchandising do festival que se colocará alí. De non esgotarse ese día, tamén venres e sábado no posto de merchandising que estará en Cans.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

two × four =