GLOBAL PLAYER

2013 | 98 minutos | alemán (con subtítulos ao español)
Xoves 23 | 17h00 |Círculo Recreativo e Cultural do Porriño |
[Estrea en Galicia]


Dirección e guión: Hannes Stöhr

Produción: Sabotage Films GmbH, Stoehrfilm, ARD Degeto Film, Bayerischer Rundfunk e ARTE.

Fotografía: Andreas Doub

Música: Florian Appl

Montaxe: Simone Klier

Elenco: Christoph Bach, Walter Schultheiß, Inka Friedrich, Ulrike Folkerts, Stefan Hallmayer, Monika Anna Wojtyllo, Rita Lengyel, Harvey Friedman, Hans-Jochen Wagner, Henriette Müller e Berthold Biesinger.

Vai de: A empresa familiar Bogenschuetz & Sons fabricou durante xeracións máquinas de textil nunha pequena cidade do sur de Alemaña. Pero hoxe en día a demanda baixou pola competencia asiática. Michael Bogenschuetz vese forzado a negociar unha venda cos chinos ás agachadas do seu pai.

Xénero: Comedia dramática. Familia.

Detalle: Esta película poderase ver por primeira vez en Galicia logo de pasar polo Festival Internacional de Cinema Jove de Valencia un ano despois da súa estrea. Non chegou a estrearse nas salas de cine españolas e terá no Festival de Cans a súa estrea en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fifteen + 20 =