Showcooking de Cociñeiros Mahou Inés Abril e Rafa Centeno.

Xoves 25 | 20h00 | Praza do Concello (Porriño)

Nas últimas edicións, Cans é un festival atractivo para moitos dos mellores cociñeiros do país, que gostan de poñer a súa habilidade ó servizo dos espectadores do Festival. Célebres cociñeiros con Estrella Michelín como Pepe Sollaou Javier Olleros pasaron polo festival en edicións anteriores, para facerpequenas delicatesen para o noso público.

Este ano será outra Estrella Michelín, a do Restaurante Maruja Limón de Vigo, que comandan Inés Abril e Rafa Centeno, á que nos traerá ó Festival de Cans a súa deliciciosa cociña en forma de “tapas de cine”, da man de Mahou e co apoio de Lasal cocinas.

Outro cociñeiro recoñecido como Kike Piñeiro, será o encargado de servir o xantar aos convidados e convidadas do festival. Será un pracer recibir a este artista da cociña que rexenta A Horta do Obradoiro en Compostela, que chega coa complicidade de Galicia Calidade.

Ademais deste apartado gastronómico, os espectadores do festival taménterán o pracer de poder desfrutar dos riquísimos cafés do coñecido barman Óscar de Toro, que estará ofrecendo un Café Candelas na Leira de Alicia a todas as persoas que asistan ó coloquio con Montxo Armendáriz o sábado 26 de maio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 + 10 =