GALLO

2018 | 72’ | castelán
Mércores 22 | 16h30 |Baixo de Bugarín

Dirección: Antonio Díaz Huerta

Guión: Antonio Díaz Huerta e Sergio Frade

Produción: Luisa Romeo, Gentzane Martínez de Osaba, Sergio Frade e Álex García de Vicuña

Produtoras: Frida Films e Marmoka Films

Montaxe: Susana Sotelo

Fotografía: Jon Aguirresarobe

Música: Vincent Barriere e Carlos de Castro Fraga

Son: Néstor Luz

Elenco: Aitor Francesena “Gallo”

Vai de: “Gallo” naceu en Zarautz e dende moi pequeno interesouse polo mar e o surf, deporte que o marcaría para sempre. Un glaucoma conxénito fíxolle perder a visión do ollo dereito cando tiña tan só catorce anos. Aos 39 anos sufría un novo revés, nun accidente facendo surf perdía a vista por completo. Lonxe de deixalo, Gallo aprendeu a moverse con autonomía, volveu a practicar o seu deporte favorito e conseguía ser Campión do Mundo de Surf Adaptado en 2016. Unha emotiva historia sacrificio, superación e amizade.

O detalle: Esta película participou na sección ZINEMIRA no Festival de Cine de San Sebastián na edición de 2018. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 × five =