Proxección “Frágil equilibro”: celebrando o Goya con sabor galego

Sábado 27 | 16h30 | Sala Multiusos + Jaliñeiro

Encontro co director do filme, Guillermo García, + Proxeción documental (16h30) + Actuación Uxía (18h30) | Prezo da experiencia completa: 5€

O público asistente ao Festival poderá celebrar na Sala Multiusos o “Goya con sabor galego” coa proxección do documental Frágil equilibrio acompañado dun coloquio con  Guillermo García, fillo de nai galega e director desta longametraxe de temática social que se fixo nos últimos Premios Goya co galardón ao Mellor Documental. Trátase dun demoledor filme que ten implícito un convite á reflexión arredor do mundo que nos rodea a través de historias de subsaharianos saltando a valla de Melilla, do capitalismo salvaxe en Xapón ou de desafiuzamentos en Madrid e fiadas coas reflexións fundamentais dun sabio: José Mujica, ex presidente de Uruguai. A Seminci ou o Festival Internacional de Documentales de Ámsterdam (IFDA) son só algúns dos múltiples festivais nacionais e internacionais nos que estivo seleccionado o filme.

Ademais, esta sobrecolledora obra audiovisual tamén estivo nomeada na última edición dos Premios Goya na categoría de mellor canción con Muerte, composta por Zeltia Montes e interpretada por Uxía, quen ofrecerá un exclusivo concerto no Jaliñeiro ao remate da proxección.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

thirteen − 8 =