FEMINA

2009 | 45’
Sábado 25 | 16h00 | Jalpón de Alicia

Dirección: Paulo Furtado

Música: The Legendary Tigerman

Xénero: Videoclips. Musical.

Vai de: O músico Paulo Furtado coñecido artisticamente como The Legendary Tigerman publicaba Femina en 2009, un traballo que acaba de cumprir dez anos e que foi disco de platino en Portugal. Furtado dirixiu e guionizou un conxunto de pezas en súper-8 que acabaron formando un videoclip para cada canción do disco. Femina mutou nun proxecto cinematográfico-musical máis ambicioso e converteuse nunha homenaxe as mulleres e ao rock.

O detalle: Furtado dirixiu, gravou e cantou en Femina con actrices e cantantes como a icónica María de Medeiros, a actriz italiana Asia Argento ou a cantante canadense de electrónica Peaches.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

two × 5 =