Familia Caamagno

Sábado 26 | 19h30 | Torreiro de Cans

Familia Caamagno teñen un dos directos máis poderosos do panorama galego actual: como todas as grandes bandas de rock and roll, viven a paradoxa de ser unha máquina perfectamente engraxada que desata o descontrol bailongo do público. Melodías pop, suciedade garaxeira ou humor cun toque bravú son os elementos deste grupo que, ademais de temas propios tan vibrantes como “No tempo do lobo” ou “O ritmo da caverna” destaca polas súas adaptacións libres ao galego de Chuck Berry, os Easybeats, os Standells ou mesmo Hefner.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

16 + 15 =