EXTRACANS

Sábado 25 | 21h00 | Baixo de Carlos
Prezo: 3€ [entradas á venta aquí]

O Festival de Cans sempre tivo a mirada posta en ir aumentado o enfoque internacional da súa programación. E máis se cabe nesta XVI edición, na que un dos focos de atención está posto no aumento da presenza de realizadoras e realizadores doutros países. ExtraCans vén coma sempre da man das profesionais do audiovisual galegos que traballan con directoras e directores a nivel internacional. Dentro desta sección poderemos ver curtas dirixidas por cineastas de Armenia, Estados Unidos, Cuba ou Suíza, nas que a participación de profesionais do país foi fundamental.

* Coa presenza dos / das directores/as e os/as profesionais galegos/as que traballaaron nestes cortos.

L’ABCDAIRE DE L’AMOUREUSE D’UN PHOTOGRAPHE

2017 | 29′ | francés (subtítulos en español)

Dirección e guión: Anahit Simonian

Produción: Invisible Travels e Mallerich Films Paco Poch

Montaxe: Diana Toucedo

Son e música orixinal: Anahit Simonian

Xénero: Documental

Vai de: Como filmar unha palabra? Como escoitar unha fotografía? Como contar con só 26 palabras unha vida amorosa? Anahit Simonian toma a cámara por primeira vez para buscar o sentido da beleza fascinada polo universo onírico do fotógrafo francés Guillaume Poussou.

O detalle: Anahit Simonian é de orixe armenia e traballa como realizadora, pedagoga e compositora. Ten colaborado con artistas e directores de cine como Isaki Lacuesta, Bertrand Tavernier (entre outros) e, na actualidade, con Diana Toucedo na escritura do guión da longametraxe La Quinta Cuerda. Esta peza estreouse no Festival Internacional de Cine Punto de Vista.

Nexo galego: Diana Toucedo foi a montadora desta peza.

DOS ISLAS

2017 | 40′ | español | [Estrea en España]

Dirección e guión: Adriana F. Castellanos

Produción: Adam Slesicki, Zuzanna Krol, Irene M. Borrego

Produtora: Wajda Studio 59 en Conserva.

Fotografía: Lucía C. Pan e Jordi Abusada

Montaxe: Adriana F. Castellanos e Pilar Monsell.

Xénero: Documental

Vai de: Elvira ten 102 anos e sempre está tan lúcida como elegante. Sen embargo, recibiu na vida a súa parte de sufrimento. Cando non era máis que unha nena foi levada a Cuba lonxe dos seus pais e nunca volveu a súa illa natal de El Hierro en Canarias. A súa neta cineasta intenta reconstruír os recordos desta anciá e as escuras zonas desta dolorosa e complexa travesía.

O detalle: Esta peza dixirida pola cubana Adriana F. Castellanos tivo a premier no Festival Internacional de Cine de Cracovia (país, Polonia, que é co-produtor da película).

Nexo galego: A directora de fotografía é a coruñesa Lucía C. Pan.

INDEX

2019 | 10′ | inglés (subtítulos en español) | [Estrea mundial]

Dirección, guión e montaxe: Daniel Damanti 

Produción: El Trampoline

Produtores executivos: Nacho Pérez Guzmán e Eduardo B. Muñoz

Dirección de fotografía: Guille Vázquez

Elenco: Adam Quintero, Violeta Orgaz, John de Luca e Benjamin Nathan-Serio

Xénero: Drama. Sci-Fi.

Vai de: Una parella enfróntase a unha mala experiencia polo abuso físico e psicolóxico de dous estraños. As redes sociais modificaron a nosa maneira de relacionarnos e a aparición de aparatos dixitais coma INDEX permite acceder aos segredos de cada individuo poñendo en xogo a súa privacidade. Que pasaría si absolutamente todos os nosos datos estiveran ao alcance de todo o mundo?

O detalle: Daniel Damanti naceu en Nova York e agora vive en Madrid, onde traballa como director e fotógrafo freelance en cine e publidade. Estreará INDEX no Festival de Cans.

Nexo galego: A conexión con Galicia desta peza está no seu director de fotografía Guille Vázquez.

LE GRAIN ET L’IVRAIE 

2019 | 18′ | español e francés | [work in progress]

Dirección: Fred Florey

Produción: Alina Films

Montaxe: Diana Toucedo

Son: Fred Florey e Carlos Ibáñez

Elenco: Carlos e Nasser

Xénero: Documental

Vai de: Carlos e Nasser están contratados en período de proba nunha planta de tratamento e reciclaxe de residuos trala súa saída do cárcere. Dende o seu novo traballo reflexionan sobre a súa estancia en prisión e sobre a súa vida.

O detalle: O suízo Fred Florey realiza, sobre todo, pezas documentais coma La clé de la chambre à lessive , que foi premio SRG no prestixioso festival Visions du Réel en Lyon.

Nexo galego: De novo, a cineasta Diana Toucedo foi a montadora deste documental.