Proxecto Bar

Estrea de Ponme a última! Memorias dos bares de Cans

Mércores 18 | 21h00 | Baixo de Bugarín

CartazPonmeaultima

Por vez primeira Cans botou a andar un proxecto colectivo que está sendo apaixonante: o Proxecto Bar. Desde o mes de xaneiro, dez veciñas e veciños da aldea de entre os 12 e os 60 anos recibiron durante varios meses clases de documentación, guión, edición e montaxe. Coordinados polo realizador Juanma Lodo, por vez primeira teremos unha obra audiovisual creada, gravada, producida e editada polos propios veciños da parroquia. Será unha curta documental sobre a memoria dos bares pechados de Cans. Chámase “Ponme a última!”, e a estrea o mércores 18 de maio promete ser un dos grandes acontecementos dos últimos anos na aldea.

Ponme a última!
Dirección: Juanma LoDo
Guión: Alfonso Pato e Juanma LoDo
Produción: Andrea Durán
Equipo de documentación, gravación, edición e montaxe: Ainhoa Cabaleiro, Raúl Rodríguez, Antía Gándara, Raúl Maceira, Alba Sobrino, Marta García, Josér Ramón, Ángel Rodríguez e Flora Maceira
Vai de: a través das lembranzas das veciñas e veciños de Cans, facemos un percorrido polas memorias dos seus bares xa fechados, importantes centros sociais para un lugar que medrou pegado a unha estrada. Neles paraban os arrieiros cos cabalos, había teatro, contábanse contos, bailábase, namorábase, pelexábase e parte da historia cotiá das últimas décadas escribiuse neles.
Xénero: curtametraxe documental

Producido pola Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans.
Realizado a partir dunha idea orixinal de Alfonso Pato.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

9 + 7 =