Esquece Monelos

2016| 78’ | Galego

Dirección: Ángeles Huerta

Guión: Ángeles Huerta, Antón Núñez

Produción: Gaspar Broullón, Marta Eiriz

Montaxe: Sandra Sánchez

Son: David Machado

Música: Sergio Pena

Vai de: Unha película sobre os meandros da memoria, sobre ríos sepultados, sobre todas esas cousas que primeiro agochamos e logo esquecemos que están aí. Ata que -un día calquera, sen avisar- chove de máis e as tuberías rebentan.O río da Coruña chámase Monelos. Ou Mesoiro. Ou rego de Beneirón. Dende o seu nacemento, por un lado nos altos de Feáns e polo outro en Pastoriza, até que morre en San Diego, recibe moitos nomes e acolle centos de historias. Agora, a maior parte do seu traxecto discorre baixo terra. Baixo terra están, tamén, as súas memorias.

Xénero: Documental

O detalle: Este documental acaba de ser seleccionado no prestixioso festival DocumentaMadrid. Esta é a primeira longametraxe de Ángeles Huerta, que acadou o premio ao mellor guión no Festival de Cans 2015 pola súa curtametaxe “The Fetch”.

 

Mércores 24 | 17h00 | Baixo de Bugarín
Coa presenza da realizadora (proxección + coloquio)
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

14 − two =