Exposicións

Exposición retrospectiva de Luis Davila, “O Bichero”.
Venres 25 | 20h30 | Cans Voulevar

O morraseiro Luis Davila é un dos debuxantes máis populares do país, e arrinca sorrisos diariamente coas súas tiras “O Bichero” no Faro de Vigo, que tamén se teñen publicado en forma de exitosos álbumes de cómic e inundan as redes sociais, compartidas por miles de persoas conquistadas polo seu humor, no que radiografía a Galicia de hoxe en día. No Voulevar teremos a sorte de desfrutar dunha exposición retrospectiva destas viñetas, que en varias ocasións teñen retratado tamén o Festival de Cans.

Can Parade
Xoves 24 | 21h30 | Praza do Concello

O xoves ás 21h30 inaugraremos a cita anual do festival coa creación artística: a Can Parade! Nesta mostra, un feixe de artistas de toda caste atrévese a intervir a silueta do Can de Cans e darlle así unha volta creativa á nosa icona.

Cans Senior
Mércores 23 | 10h30 | Centro de día de Torneiros

Máis de 25 centros de día de toda Galicia participaron o pasado ano no noso proxecto Cans Senior, onde as nosas e os nosos maiores reinterpretaron sobre láminas, siluetas e motivos de Cans diversas secuencias da historia do cinema. Foi realmente emocionante ver os seus traballos e o seu alto grao de coñecemento do Festival de Cans. Este ano repetiremos coa apertura da exposición e a entrega de premios que terá lugar na mañá do mércores 23 no Centro de Día de Torneiros.

Debuxa Cans

Nenos e nenas do Porriño reinventan o atuendo do emblemático Can de Cans para disfrazalo cada ano. Nesta edición, a idea xira arredor de figuras femininas e superheroínas entre as que podemos atopar dende Mary Poppins á coñecidísima Wilma de Los Picapiedra. Neste concurso no participan 300 nenos e nenas de primaria menores de 10 anos, dos 10 colexios que hai no Concello de O Porriño. Estes colexios traballaron sobre unidades didácticas arredor deste tema e elaboradas previamente por profesionais da educación e do cinema.

One thought on “Exposicións”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nineteen − 7 =