DAKIDARRÍA (acústico)

Sábado 25 | 20h30 | Torreiro de Cans

Dakidarría celebrarán no Torreiro de Cans os seus quince anos de traxectoria. Esta banda converteuse nun dos nomes esenciais da música do país, coa súa capacidade de pasar do ska aos ritmos urbanos ou do reggae ao punk, ao tempo que transmiten unha mensaxe rebelde e de loita. Coas súas xiras teñen chegado aos escenarios de festivais multitudinarios dende o Val Miñor ata México, pero en Cans teremos a oportunidade de achegarnos a eles con intimidade: veñen nun formato acústico e case que de taberna, unha reunión amigable co grupo preto do público para poder tocarse, falarse e cantar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

four × 1 =