EROSKI PARAÍSO

2019 | 75’ | Galego, castelán
Xoves 23 | 20h00 | Centro Recreativo e Cultural do Porriño

Dirección: Jorge Coira e Xesús Ron

Guión: Chévere

Produción: Chévere e OlloVivo

Elenco: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Cristina Iglesias, Luis Martínez e Fidel Vázquez

Montaxe: Lucía Iglesias e Jorge Coira

Son: Juan Gay

Postprodución de imaxe: Alfonsin Digital Lab

Postprodución de son: Soundtroop

Dirección de arte: Antonio Pereira e Chévere

Dirección de produción: Gaspar Broullón e Patricia de Lorenzo

Vai de: Alejandra regresa a Muros para rodar o seu proxecto final da escola de cine. Leva tempo querendo facer un documental que conte a historia dos seus pais, como se coñeceron na sala de festas Paraíso e como unha noite mudou para sempre as súas vidas. Pero Eva e Antonio levan anos separados, a vella discoteca é hoxe un supermercado Eroski e os recordos nunca espertan como os imaxinas. Con todo, esta é a súa película.

O detalle: Adaptación cinematográfica da obra teatral do mesmo título realizada por Chévere. Esta compañía recibiu no ano 2014 o Premio Nacional de Teatro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × 2 =