Entradas á venda

As entradas que a organización do Festival de Cans pon á venda xiran en virtude de dous eixos programáticos:

1. A Sección oficial a concurso, que se divide en:

a. Ficción e Animación.

b. Non Ficción (Sección Furacans).

2. Outras actividades.

Longametraxes, curtametraxes, documentais e concertos que non cumpren os requisitos para acceder á Sección oficial a concurso.

* Nalgúns casos os horarios das diferentes actividades solapánse polo que pregamos se poña a máxima atención na elección das entradas que se desexen.

Entradas á venda e recollida de entradas mercadas online

Sección Oficial a concurso

Durante os días do festival as entradas para as Seccións a Concurso de Ficción e Animación e Furacans poderán adquirirse no posto de merchandising do evento.

> Proxección das curtametraxes da Sección oficial a concurso de Ficción e Animación – Sesión de mañá (sábado 26 de maio, de 10.00h a 12.00h e de 13.30h a 15.15h). Prezo = 12€

As entradas de mañá de Ficción e Animación mercadas online poderán recollerse o venres 25 no posto de merchandising do festival entre as 20h e as 23h. ou o sábado 26 na entrada do Baixo de Bugarín entre as 9.15h e as 9.50h.

> Proxección das curtametraxes da Sección oficial a concurso de Ficción e Animación – Sesión de tarde (sábado 26 de maio, de 16.30h a 19.15h e de 20.45 a 22.00h). Prezo = 12€

As entradas de tarde de Ficción e Animación mercadas online poderán recollerse no posto de merchandising do festival o venres 25 entre as 20h e as 23h. ou o sábado 26 entre as 11h e as 15h.

> Proxección das curtametraxes da Sección oficial a concurso de Non Ficción / Sección Furacans – 1ª Sesión (sábado 26 de maio, de 17.00h na Casa de Mari). Prezo = 5€

> Proxección das curtametraxes da Sección oficial a concurso de Non Ficción / Sección Furacans – 2ª Sesión (sábado 26 de maio, de 20.30h na casa de Mari). Prezo = 5€

As entradas para Furacans mercadas online poderán recollerse no posto de merchandising do festival o venres 25 de 20h a 23h ou o sábado 26 de 11h a 16h.

Outras actividades

Durante os días do festival as entradas para Outras Actividades poderán adquirirse no posto de merchandising do evento ata unha hora antes do comenzo da actividade ou no espazo en que teña lugar a actividade dende 30 minutos antes do comenzo da mesma.

As entradas para Outras Actividades mercadas online recolleranse na entrada do espazo onde teña lugar a actividade dende 30 minutos antes do comezo da mesma.

> Sevilla y Gomorra (sábado 26 de maio ás 16.00h no Cuberto de Mucha do Peso). Prezo = 3€

> Avance do documental “Kevin vs. Ray” + Actuación de Kevin Weatherill (sábado 26 de maio ás 18.00h no Cuberto  / Invernadoiro de Mucha do Peso). Prezo = 5€

> Retrospectiva de videoclips + Actuación de Rubén Domínguez “Pantis” (sábado 26 de maio ás 20.30h no Cuberto  / Invernadoiro de Mucha do Peso). Prezo = 5€

> O Cinematomago (Actividade infantil) (sábado 26 de maio ás 16.30h no Cuberto de Pato). Prezo = 3€

> Therefilme con Paulo Nimoy (Actividade infantil) (sábado 26 de maio ás 17.30h no Cuberto de Antonio). Prezo = 3€

> Polo Correo do Vento (Actividade infantil) (sábado 26 de maio ás 18.30h no Cuberto de Pato). Prezo = 3€

> Documental “Casamance, la banda sonora de un viaje” + Coloquio (venres 25 de maio ás 18.30h no Baixo de Bugarín). ESGOTADAS.

> Extracans (sábado 26 de maio ás 20.30h no Jalpón de Alicia). ESGOTADAS.