Enrique San Francisco

Xoves 20 | 20h00 | Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño)
Venres 20 | 13h30 | Torreiro das Estrelas

EnriqueSanFrancisco1

Debutou no cinema con tan só seis anos, no teatro dous anos despois e na televisión con dez. É un actor con carreira de fondo, que traballou cos grandes directores españois, dende José Luis Cuerda a Adolfo Aristarain, Luis García Berlanga, Imanol Uribe, Manuel Gutiérrez Aragón ou Álex de la Iglesia. Está especialmente sinalado pola participación no denominado “cine quinqui” de finais dos 70 e principios dos 80, deixando a súa pegada no xénero en filmes como Colegas, Navajeros ou El pico. Nos últimos anos a súa cara sóanos pola de personaxes en series de televisión como Cuétame como pasó ou Gym Tony e polas súas intervencións en El club de la comedia.

Está en Cans pola súa participación na dobraxe de Psiconautas e deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

7 + three =