ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS AUDIOVISUAIS: “AUDIOVISUAL, UNIDAS E UNIDOS NO QUE NOS PREOCUPA”

Xoves 23 | 13h00 | Baixo de Moncho

Este encontro aberto ao público ten como obxectivo a creación dunha plataforma onde se afronten e analicen os retos e os intereses comúns de profesionais da industria audiovisual e da cultura en xeral. Quen somos?, Que facemos? Ou que intereses comúns temos? Son preguntas sobre as que é preciso reflexionar. Nesta mesa, moderada pola xornalista Ana Cermeño, tocaranse puntos relacionados co mecenado, o papel da CRTVG no audiovisual, o estatuto de autor ou a distribución de recursos na antesala do Xacobeo 2021. Temas nos que cómpre afondar e que é preciso abrilos á sociedade.        

Coa presenza de Fon Cortizo (membro da directiva de CREA), Ángel Manzano (membro da AGAG, Asociación Sindical de Guionistas de Galicia), Xabier Deive (Presidente de AAAG, Asociación de actores e actrices de Galicia), Ángel Sánchez (Presidente de Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema) e Miguel Mariño (director da Academia Galega do Audiovisual).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

16 + eighteen =