Encontro sobre subtitulado e linguas minorizadas

Xoves 24 | 13h00 | Baixo do Moncho

O cinema, e en xeral a cultura creada en linguas minorizadas, atópase en moitas ocasións con barreiras de cara á súa distribución e exhibición. O experto da Universidade de Vigo Pablo Romero-Fresco e os cineastas galegos Alfonso Zarauza e Álvaro Gago abordarán o papel do subtitulado como ferramenta para a diversidade cultural en relación ao noso audiovisual, mais tamén para afondar no que o subtitulado supón para a accesibilidade de persoas que non teñen as capacidades plenas para percibir un filme.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fourteen − 5 =