Encontro con realizadores e realizadoras de videoclips

Xoves 25 | 18h00 | Bar Liceum (Porriño)

Os creadores e creadoras de clips tamén terán o seu espazo de debate e posta en común de ideas dentro do Festival. Será no día da Noite Gía dos Videoclips nun encontro que terá lugar no centro do Porriño esa mesma tarde e que estará moderado por Marta Gómez -xornalista cultural especializada en música- e por Manu Viqueira –recoñecido creador audiovisual e autor do último videoclip da banda estadounidense GreenDay-.

Manu Viqueira estreará tamén mundialmente o videoclip “Antisocial”, o seu último traballo para Soziedad Alkohólica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

one × 3 =