Encontros AISGE con actores e actrices

Miércoles 24, jueves 25 y viernes 26 | 11h30 | Baixo do Moncho

Despois do éxito na pasada edición, repítese a colaboración entre o Festival de Cans e AISGE, pola que o Baixo de Moncho acollerá durante tres mañás seguidas coloquios nos que diferentes intérpretes analizarán o papel dos actores e actrices na sociedade dende múltiples perspectivas. O encontro do mércores 23 levará o título de Pioneiros no oficio de interpretar e contará con dúas figuras esenciais da arte dramática en Galicia para analizar a evolución da profesión nos últimos cincuenta anos: Manuel Lourenzo (de actualidade polo seu papel de Terito en Fariña), e Pilar Pereira. O xoves 24 contaremos con Tamara Canosa, Mariana Fernández e Berta Ojea, tres actrices que participan tamén de asociacións e institucións, para debater no encontro Igualdade: avanzamos algo desde o ano anterior? Finalmente, o venres 25 teremos a oportunidade de escoitar a Isabel Blanco, Nieve de Medina e Nieves Rodríguez en Acoso sexual, fin do tabú? explicando dende o ámbito da interpretación esta cuestión que nos últimos tempos comeza a tratarse abertamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × four =