ENCONTRO ABERTO DE CREA (ASOCIACIÓN DE DIRECTORES E REALIZADORES DE GALICIA)

Moderado por Jorge Coira
Coa presenza de Alexia Muíños

Venres 20 | 10h30 | Baixo de Moncho

alexia1_web

Alexia Muíños formouse como actriz e directora en escolas de Nova York e Barcelona, onde actualmente traballa en distintas facetas do mundo audiovisual. Dirixiu varias curtas de éxito antes da súa primeira longametraxa, Noche transfigurada. En 2014 fundou a produtora Marineda Films e agora está desenvolvendo o que será o seu segundo filme, As troitas cantan ao mencer, con Abano Producións, e que presentará na sección “A que andas?”.

Compaxina a dirección cinematografica co cargo de vicepresidenta da Asociación Europea de Mulleres no Audiovisual (European Women’s Audiovisual Network, EWA), dende onde traballa para acabar coa desigualdade de xénero na industria do cinema europeo. A EWA presentou recentemente os resultados dunha investigación de dous anos realizada en sete países, na que concluíu que só o 20% da produción europea está dirixida por mulleres e que o 84% da financiación pública vai parar aos proxectos masculinos. O estudo acadou unha gran representación internacional e Alexia Muíños participou na súa presentación nos festivais de Venecia, Málaga, Sevilla, Praga e na Berlinale. Ten moito que contar ao respecto e quere facer reflexionar ao público sobre a discriminación evidente das mulleres tamén neste sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

one × three =